Operario de carpintería
Publicado o 27/11/2025 ás 11:33h
en
Cociñas Jocar
En JOCAR estamos a buscar un Operario/a de Carpintería para incorporarse ao noso equipo. A persoa seleccionada participará na fabricación e montaxe de mobles e elementos de carpintería, utilizando ferramentas manuais e maquinaria do sector.
Requisitos:
- Experiencia demostrable en carpintería.
- Manexo de ferramentas e maquinaria propias do oficio.
- Capacidade para interpretar planos e tomar medidas.
- Responsabilidade, puntualidade e habilidade para traballar en equipo.
Valorarase:
- Coñecementos en máquinas CNC aplicadas á carpintaría.
- Experiencia en fabricación e montaxe de mobiliario.
Ofrecemos:
- Contrato a xornada completa.
- Incorporación inmediata.
- Estabilidade laboral.
- Bo ambiente de traballo.
- Posibilidade de desenvolvemento dentro da empresa.