Se queres publicar unha oferta de traballo na Bolsa de Emprego do Polígono de Carballo tes dúas maneiras de facelo:
Envía un mail a (emprego@poligonodecarballo.com) ou ponte en contacto cos administradores do polígono indicando a túa oferta de emprego, condicións, se queres que sexa anónima, etc.
Desde o Polígono xestionaremos os CV e enviamolos á dirección que nos proporciones.
Podes xestionar ti os teus anuncios e publicalos na plataforma. Para iso deberás enviar una mail cos datos da empresa a (emprego@poligonodecarballo.com). Os administradores xerarán unha conta e enviarán os datos de acceso.
Unha vez teñas os datos, preme na seguinte ligazón e poderás acceder aos formulario de publicación de ofertas.
Chegaranche directamente ao email todas as solicitudes dos demandantes de emprego.
Os anuncios non se publican directamente, terán que ser aprobados previamente polos administradores do polígono.